Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 21 Setembro, 2022

O condutor da moto quedou atrapado debaixo do turismo, no punto quilométrico 9 da PO-308.

Tras recibir as manobras de reanimación por parte dos servizos de emerxencia, o home recuperou parcialmente a consciencia e foi evacuado a un centro médico.

Os feitos sucederon ao fío das 20:15 horas desta tarde. Nese momento, varias persoas particulares alertaron do accidente ao 112 Galicia.

Nada máis ter coñecemento da situación, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Sanxenxo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

facebook twitter instagram