Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 31 Maio, 2020

Na tarde de onte, un motorista foi evacuado polos servizos sanitarios ao Hospital de Ourense despois de sufrir un accidente co seu vehículo no concello ourensán da Gudiña.

Ás 19:00 horas, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia para un motorista que caera mentres circulaba pola OU-533, á altura do punto quilométrico 2.

De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Para prestar apoio ao equipo médico, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do GES da localidade, así como dos equipos de mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram