mércores, 25 Xaneiro, 2023
O sinistro produciuse no túnel de Beiramar en dirección ao Náutico.
Así o indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia ás 18:30 horas para pedir asistencia para o único ferido nesta colisión, na que se viron implicados o camión e a moto.
Para a atención do ferido, con importantes feridas nas pernas, os xestores do 112 pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, tamén se informou aos axentes da Policía Local e aos bombeiros da cidade, aínda que o ferido estaba perfectamente liberado e accesible.