Escoitar
luns, 5 Decembro, 2022

Os feitos sucederon no lugar do Souto, en Vilarrubín (A Peroxa), e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ao seu persoal a bordo dun helicóptero medicalizado, que tomou terra no punto.

Minutos antes das 9 horas, un particular puxo en coñecemento do acontecido ao 112 Galicia: o mozo circulaba en bicicleta pola estrada cando perdeu a estabilidade e se precipitou sobre o asfalto, permanecendo na vía. Ademais, o alertador indicaba ao 112 que todos os seus intentos por contactar co ferido resultaran infrutuosos ata o momento.

Os servizos sanitarios desprazáronse con celeridade, a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, e desde o 112 se informou aos Bombeiros do Carballiño.