Escoitar
sábado, 28 Xaneiro, 2023

Quen alertou ao 112 Galicia indicou que un dos implicados quedou tirado na rúa tras a colisión.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para dirixirse á Avenida de Florida, en Vigo, onde tivo lugar o sinistro. Un choque entre dúas motos, que requeriu, tamén, da intervención dos axentes da Policía Local.

Foron varias as persoas que contactaron co 112 para informar deste accidente, que se rexistrou ás 21:30 horas de onte.

Rescate de dúas persoas maiores, que caeron dentro do domicilio
Por outra banda, na mesma cidade de Vigo, solicitouse a intervención dos bombeiros para o rescate de dúas persoas maiores que caeran no interior do domicilio, na Rúa de Parachán. Unha veciña observou a situación desde unha fiestra e deu a voz de alarma, cando pasaba da medianoite.

Así, á chegada do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, comprobouse a necesidade de contar con medios de rescate e apertura de portas. Deste xeito, os xestores do 112 informaron aos efectivos do parque municipal. 

facebook twitter instagram