Imaxe escoitar Escoitar
martes, 27 Marzo, 2018

Un octoxenario perdeu a vida esta tarde tras sufrir un accidente de tráfico co seu vehículo cando circulaba pola N-VI en sentido a Madrid.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ás seis desta tarde, cando o turismo no que viaxaba a vítima saíuse da vía e bateu contra un farol. Como consecuencia do impacto, o home quedou atrapado no interior do vehículo, polo que tiveron que intervir os bombeiros da cidade.

Unha vez liberado, o señor foi atendido por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias, pero nada puideron facer para salvarlle a vida.

Este operativo activouse logo de recibir no CIAE 112 as chamadas doutros condutores que informaban do accidente e solicitaban asistencia médica urxente para o único ocupante do vehículo, que, finalmente, resultou falecido.

facebook twitter instagram