Imaxe escoitar Escoitar
martes, 11 Maio, 2021

Un traballador das obras do AVE foi trasladado, esta madrugada, despois de sufrir unha descarga eléctrica, no concello ourensán de Laza.

Arredor das catro da mañá, o 112 Galicia recibiu a chamada de varios particulares para solicitar asistencia médica para un compañeiro que acababa de electrocutarse cun transformador nas obras da liña ferroviaria de alta velocidade. Durante as chamadas, as persoas confirmaronlle aos operadores do CIAE-112 que se atopaban no lugar de Alberqueira, no interior do túnel de Prado, e que o traballador afectado estaba consciente.

Nese momento, desde o CIAE-112 informouse aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil, aos membros de Protección Civil da localidade e ao persoal de seguridade de ADIF.

Finalmente, o persoal de urxencias médicas confirmoulle ao 112 Galicia que o traballador foi trasladado en ambulancia ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

facebook twitter instagram