Escuchar
mércores, 12 Agosto, 2020

Un home resultou ferido de consideración esta tarde ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora mentres traballaba nun viveiro na parroquia arzuá de Campo.

Tras a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia preto das 15:45 horas activouse un operativo no que interviñeron os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaron ata o lugar dos feitos a bordo dun helicóptero medicalizado para atender ao operario e no que foi finalmente trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre salientar que, para prestar apoio e colaboración ao equipo médico mobilizado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Arzúa.