Imaxe escoitar Escoitar
luns, 6 Xullo, 2020

Un operario sufriu queimaduras esta tarde en Cambre despois de electrocutarse mentres traballaba na porta dunha vivenda situada na Rúa Tapia.

Para atender ao traballador ferido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cómpre sinalar que foi unha persoa particular a que contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos ás 18:15 horas.

facebook twitter instagram