Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 24 Novembro, 2021

Un traballador necesitou ser trasladado despois de sufrir un accidente cunha máquina, nunha fábrica do concello lucense de Muras.

Foi un particular quen, poucos minutos despois das 11:00 horas, chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para o operario, que acababa de ser golpeado no lombo por unha máquina. O feito tivo lugar nunha nave da Rúa de José Ferro Rodeiro para onde os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron ao persoal sanitario e aos axentes da Garda Civil.

Malia que os servizos médicos comunicáronlle ao 112 mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, para o punto, finalmente indicaron o ferido foi trasladado en ambulancia.

facebook twitter instagram