Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 18 Marzo, 2023

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos poucos minutos antes das once horas da mañá de hoxe tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias, o alertador indicou que o operario, que realizaba talla de madeira nun monte próximo á LU-P-4103, foi atopado inconsciente.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se desprazaron ata o lugar cunha UVI móbil para prestar asistencia ao implicado. Desafortunadamente, unha vez no punto, o equipo médico tan só puido confirmar o seu falecemento.

Deste xeito, para tratar de aclarar as circunstancias do suceso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasaron aviso aos axentes da Garda Civil. Segundo a información facilitada ao 112 polos efectivos das forzas da orde, o traballador faleceu tras caerlle enriba unha árbore.

facebook twitter instagram