Imaxe escoitar Escoitar
martes, 20 Outubro, 2020

O 112 Galicia recibiu hai apenas unha hora unha chamada de alerta por mor dun percebeiro que caeu nunha zona rochosa da Praia de Arnela, en Muxía.

Segundo a persoa que contactou co servizo telefónico de emerxencias, o ferido quedou inconsciente, polo que urxía a asistencia médica.

De feito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiron ao punto a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Co ferido, estaban os voluntarios de Protección Civil da vila, que accederon á praia próxima ao lugar da caída, a onde unha embarcación trasladou ao percebeiro. Non obstante, desde o 112 Galicia, tamén se informou ao persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia por se fose necesario outro tipo de rescate.

Así, despois de recibir os primeiros coidados, o perceibeiro foi evacuado na aeronave, xa consciente, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Tal e como indicaron os axentes da Policía Local, o home estaba pescando con outros compañeiros cando sufreu unha indisposición e caeu ao mar. Unha embarcación que se atopaba pola zona recolleuno e levouno ata a Praia de Arnela para que recibise asistencia. 

Cómpre sinalar que os Bombeiros de Cee tamén se dirixiron ao punto para traballar en coordinación cos equipos de emerxencias alí desprazados, ao igual que os axentes da Policía Local.

 

facebook twitter instagram