Escuchar
martes, 13 Agosto, 2019

Un septuaxenario faleceu esta mañá tras envorcar o tractor que dirixía polo acceso a unha finca da parroquia compostelana de Arins.

Como consecuencia do envorco, a vítima quedou atrapada baixo o vehículo, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros da cidade para liberala.

A alerta sobre este suceso recibiuse no 112 Galicia pasadas as once desta mañá mediante un aviso do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que dirixía ao lugar de Bealta unha dotación para atender a un home posiblemente atrapado a causa da envorcadura dun tractor. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos Bombeiros de Santiago para poder liberar á vítima e facilitar a atención aos profesionais sanitarios. Aínda con todo, a persoa resultou falecida.  

Cos equipos de emerxencias colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén os axentes da Policía Local e Nacional, que tratan de recoller toda a información sobre o suceso.