Escoitar
mércores, 22 Marzo, 2023

O señor foi evacuado ao Hospital de Verín cunha ferida aberta.

O 112 Galicia recibiu información sobre o suceso pouco antes das nove desta mañá, cando o afectado dispoñíase a mercar gando nunha explotación gandeira de Chaguazoso. 

No momento de cargar o animal, un touro, este deulle un forte golpe que lle provocou unha ferida aberta. Por iso, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi trasladado ao hospital para continuar o tratamento das lesións provocadas polo animal.

facebook twitter instagram