Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 4 Febreiro, 2023

O operario sufriu unha caída desde o silo ao que estaba subido, a uns dous metros de altura, sufrindo lesións nas pernas.

Foi pouco despois das 14:30 horas cando o 112 Galicia recibiu o aviso deste accidente: o mesmo implicado explicaba que caera ao chan dende unha altura, nunha empresa de madeiras situada na parroquia de Laxe (Moraña).

Rapidamente, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que chegou a tomar terra no lugar dos feitos. Sen embargo, unha vez rematada a intervención, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Moraña confirmaban ao 112 que o ferido foi trasladado en ambulancia.

No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil e os da Policía Local de Moraña.

facebook twitter instagram