Imaxe escoitar Escoitar
luns, 30 Novembro, 2020

Sobre as 17:15 horas, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para solicitar unha ambulancia para un traballador que sufrira un accidente no Porto de Marín.

Tras pasar aviso ao Servizo Sanitario de Urxencias Sanitarias de Galicia, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia que se tratou dun accidente laboral no que un traballador sufriu un traumatismo facial.

Os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil, da Policía Nacional e Local e do persoal da Autoridade Portuaria de Marín.

Corte cunha radial en Xove
Por outra banda, sobre as 15:30 horas, os servizos sanitarios solicitaban ao 112 Galicia a intervención dos Bombeiros de Viveiro para axudar a extraer unha serra metálica  que lle quedara enganchada nunha man a unha persoa cando a manipulaba, na parroquia de Xuances, en A Aceveda.

Con estes datos, o 112 Galicia avisou decontado aos Bombeiros de Viveiro e ao GES de Cervo. Así mesmo, foron informados a Garda Civil e os membros de Protección Civil da Mariña.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que se tratou dunha persoa que se cortara cunha radial quedándolle un anaquiño da máquina incrustado, pero que os mesmos técnicos sanitarios puideron extraerllo e evacuar á persoa.

facebook twitter instagram