Escoitar
luns, 21 Xuño, 2021

Un traballador resultou ferido ao precipitarse dende unha escaleira, na parroquia de Almeiras, en Culleredo, concretamente, no polígono de Alvedro.

Foi un particular quen se puxo en contacto co 112 Galicia, arredor das cinco menos cuarto da tarde, para solicitar asistencia médica para un operario que caera desde unha escaleira. 

Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso ao Servizo Sanitario de Urxencias, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

Finalmente, os servizos sanitarios comunicaron que o traballador tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.