martes, 28 Xuño, 2022
Os bombeiros recuperaron o corpo sen vida do condutor dun tractor envorcado nunha leira do lugar de Montes, en Cualedro.
Este operativo de rescate puido activarse grazas á chamada de alerta dunha persoa particular ao 112 Galicia cando se aproximaban as sete da tarde de onte.
No seu relato, quen chamaba explicou que a vítima estaba atrapada no vehículo e xa non falaba. Con esta información, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, e tamén aos axentes da Garda Civil e aos Bombeiros de Verín. Sen embargo, nada puideron facer por salvar a vida do home.