Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 23 Xullo, 2020

Un coche queda encaixado no escaparate dun establecemento comercial situado na confluencia das rúas Vilar e Río Azor, en Ribeira.

Foi unha persoa particular quen alertou do suceso mediante a súa chamada ao 112 Galicia cando faltaban uns minutos para a unha da tarde. Segundo explicou, o turismo saíuse da vía e bateu contra a tenda sen causar danos persoais no interior do establecemento, aínda que si pediu asistencia para os ocupantes do vehículo. Malia ao golpe, todos estaban liberados e accesibles, pero con algunhas lesións que obrigaron a intervir aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais, acudiron os axentes da Policía Local e os membros do Servizo Local de Emerxencias, así como unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

Tres feridos en Mos
Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente que se saldou con tres persoas feridas a causa dun choque por alcance no enlace da A-52 coa A-55. 

Os feridos foron evacuados por Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao Centro Fátima de Vigo e os vehículos foron retirados co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

facebook twitter instagram