Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 19 Febreiro, 2020

Unha muller resultou ferida con queimaduras importantes no seu corpo causadas por unha cociña de ferro.

O suceso ocorreu no lugar de Vilar, en Castenda da Torre, no concello coruñés de Tordoia. A muller tras acender a cociña deixou a porta da mesma aberta e, ao achegarse, o lume prendeulle na roupa, provocándolle as queimaduras. 

Ás 18:30 horas, unha persoa particular soliciitaba ao 112 Galicia asistencia médica para a ferida, que presentaba queimaduras de diversa consideración e, a partir de aí, os xestores pasaron aviso inmediato aos  servizos sanitarios. Debido á importancia das lesións, os profesionais sanitarios optaron por desprazar ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos. 

Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Segundo informou a Policía Local ao 112 Galicia, a muller foi trasladada polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram