Escoitar
martes, 22 Maio, 2018

Un total de cinco vehículos víronse implicados nunha colisión en cadea que tivo lugar na Avenida de Lugo, en Santiago.

Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida, aínda que de carácter leve, polo que rexeitou ser trasladada ao complexo hospitalario da cidade. 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as cinco desta tarde pouco antes do acceso ao Túnel do Hórreo, en sentido a Pontevedra. Ata o lugar, desprazáronse os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Policía Local, que confirmaron o número de vehículos implicados e as feridas dun dos condutores, que se queixaba de dor leve nas cervicais.