Escoitar
sábado, 3 Xuño, 2023

Unha persoa tivo que ser trasladada ao centro médico de referencia por mor da colisión múltiple, que tivo lugar na N-550, no punto quilométrico 124.

Varios alertadores contactaron co 112 Galicia para dar conta dos feitos, uns minutos despois das 11:10 horas.

Axiña, desde o 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía. Tamén, informouse do accidente á Policía Local, aos Bombeiros de Pontevedra e a Protección Civil.

facebook twitter instagram