Imaxe escoitar Escoitar
martes, 28 Xuño, 2022

A A-6, en Lugo, rexistrou ás 9:20 desta mañá un accidente de tráfico con dúas persoas atrapadas.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, un dos dous vehículos implicados na colisión envorcou no medio da estrada, o que impedía o acceso aos dous ocupantes.

Así, tras recibir a chamada de alerta, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a presenza dos Bombeiros de Lugo, que sacaron a dúas persoas do interior do coche para facilitar a súa atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ademais dos bombeiros e os sanitarios, ao lugar do accidente desprazouse unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e traballadores do servizo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

Outras dúas persoas máis feridas en Lugo
Por outro lado, uns minutos máis tarde tamén na cidade de Lugo, produciuse un accidente laboral con dous operarios feridos a causa da caída dun andamio. 

Sucedeu na Ronda de Valle Inclán e, para atender os afectados, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén foron informados os axentes da Policía Local e Nacional co fin de recoller toda a información sobre o suceso.

 

facebook twitter instagram