Alertas activas:

Escoitar
domingo, 11 Febreiro, 2024

Foi evacuada en ambulancia ao Hospital do Salnés. No outro vehículo non se rexistraron danos persoais.

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través do sistema E-Call dun dos turismos accidentados, pasadas as 3:30 horas: acababa de producirse unha colisión no quilómetro 2 da VG-4.2, na parroquia de Barrantes. Pouco despois, un dos implicados chamou para confirmar que a condutora do outro vehículo precisaba asistencia sanitaria, aínda que permanecía liberada e accesible.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Ribadumia e Cambados e os servizos de mantemento da estrada.

Finalmente, os equipos de emerxencias encargáronse de limpar a vía para restablecer as condicións óptimas de circulación.

facebook twitter instagram