Escuchar
mércores, 4 Decembro, 2019

Tres persoas resultaron feridas esta tarde en Lalín despois de colidir dous turismos que circulaban pola N-525, á altura da gasolineira de Bendoiro.

Nada mais ter coñecemento do accidente, sobre as 17:30 horas, o 112 Galicia pasou aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, informou dos feitos aos Bombeiros do Deza, ao GES de Lalín e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan constancia do suceso, encargáronse da evacuación dos feridos.