Escuchar
venres, 21 Febreiro, 2020

O 112 Galicia tivo coñecemento esta mañá dunha colisión múltiple na que se viron implicados dous turismos, dúas furgonetas –unha delas transportaba medicación radioactiva- e un camión cisterna en Guitiriz. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha persoa tivo que ser evacuada ao HULA e a carga que trasladaban unha das furgonetas accidentadas e o camión non resultou afectada polo impacto.

Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 535 da A-6, en sentido a Madrid, e a circulación do tráfico viuse condicionada polo choque, xa que foi necesario interromper a circulación nun carril debido ao accidente.

Foi un dos implicados no sinistro quen alertou ao 112 Galicia ás 7:25 horas. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da autovía.