Escoitar
domingo, 18 Abril, 2021

Un helicóptero medicalizado co seu equipo médico desprazouse ata o lugar dos feitos para evacuar a un dos ocupantes dun dos vehículos implicados.

Pasados dez minutos das oito e media da tarde pasada, un particular chamou ao 112 Galicia para informar do accidente, non podía asegurar se había persoas feridas ou atrapadas pero si indicaba que os coches interrompían a circulación.

Así, no transcurso da chamada, tamén os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112 que acababa de producirse un accidente entre dous coches, no concello da Estrada, na PO-841, á altura de Couso. Ademais, indicaban que un helicóptero medicalizado se dirixía ao punto, posto que, no interior dun dos vehículos había un varón que non reaccionaba.

A partir de aí, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Deza, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e dos membros do GES e de Protección Civil da Estrada.

Tras chegar ao lugar dos feitos e a aeronave do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tomar terra no mesmo punto a aeronave do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tomar terra no mesmo lugar dos feitos, os servizos de emerxencias alí desprazados comprobaron que se tratou dunha colisión entre un coche e unha furgoneta, sendo a persoa que non reaccionaba a do turismo. Tamén se confirmou que o ferido estaba accesible, polo que se descartou o uso de material de excarceración.

Desde o 112 Galicia tamén se requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía, que se encargou da reparación dos danos ocasionados na estrada debido ao impacto.

A persoa foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.