Escoitar
venres, 2 Xuño, 2023

O accidente tivo lugar na A-6, no quilómetro 437, en sentido a Coruña.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente, uns minutos antes das 18:30 horas desta tarde. Segundo informaban, os vehículos implicados no sinistro obstaculizaban a circulación.

Desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Sarria, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da autovía.

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Sarria deron volta á súa base, tras recibir a indicación por parte da Garda Civil de Tráfico de que a súa intervención non era necesaria.

Os axentes tamén confirmaron ao 112 Galicia que o accidente produciuse cando o turismo adiantaba ao camión e, ao regresar ao carril dereito, bateu contra el, o que produciu que o coche envorcase.

Posteriormente, os servizos sanitarios informaron ao 112 Galicia que trasladaran a unha persoa ferida a un centro médico.

facebook twitter instagram