Escoitar
sábado, 28 Xaneiro, 2023

Un condutor quedou atrapado, aínda que estaba consciente.

Os feitos ocorreron na AC-162, en Gandarío, onde dous turismos bateron de fronte. A causa do golpe, un dos condutores implicados quedou atrapado, polo que foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos.

O aviso sobre este sinistro activouse no 112 Galicia ás 9:30 horas de hoxe tras recibir a información dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, organizou un operativo que debeu contar cos efectivos do parque comarcal debido a que un dos condutores implicados estaba atrapado, pero consciente.

Así, ademais dos bombeiros e dos sanitarios, acudiron os voluntarios de Protección Civil, que acompañaron ao ferido ata a chegada do equipo de excarceración. Tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. 

Finalmente, a persoa ferida foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

 

facebook twitter instagram