Escuchar
xoves, 22 Agosto, 2019

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Salvaterra de Miño despois de producirse unha colisión frontal entre dous coches. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar na PO-510, á altura de Cabreira, uns minutos despois das 13:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Nada máis ter constancia do ocorrido, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención do Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da estrada, do GES e Bombeiros de Ponteareas e do Porriño.