Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 8 Maio, 2019

Dúas persoas resultaron feridas a noite pasada por mor dunha colisión frontal en Padrón, concretamente na saída da AP-9, á altura da bifurcación da AG-11, dirección Ribeira.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ao fío das 1:45 horas para dar conta do accidente.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse  intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do GES de Padrón.

Arde un camión na AP-9 en Padrón
Ademais, durante a pasada noite, o 112 Galicia tivo constancia dun incendio declarado na cabina dun tráiler, que deixou esta parte do vehículo totalmente calcinada e afectou tamén a un remolque do camión. Sucedeu na AP-9, tamén á altura de Padrón, en sentido Tui.

Foi a propia persoa que conducía o vehículo quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia uns minutos despois das 21:15 horas.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, ao GES de Padrón, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia finalizaron as labores de extinción do lume ao redor da 1:30 horas.

facebook twitter instagram