Escoitar
martes, 30 Novembro, 2021

Unha persoa resultou ferida, esta mañá en Lugo, nun accidente entre tres vehículos.

Varios particulares informaron ao 112 Galicia, pasadas as 09:30 horas, de que acababan de colidir tres turismos no punto quilométrico 2, da estrada comarcal LU-612. Nas comunicacións, xa se afirmaba que había unha persoa que se atopaba mal e que, ademais, os vehículos entorpecían a circulación.

De inmediato, os xestores do CIAE-112 comunicáronlle os feitos aos servizos sanitarios, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos Bombeiros de Lugo. Co fin de asegurar o tráfico na calzada, tamén se lle deu aviso ao persoal de mantemento da vía.

Finalmente, o persoal sanitario confirmoulle ao 112 que unha persoa tivo que ser trasladada a consecuencia da colisión múltiple.