Escoitar
venres, 23 Setembro, 2022

Tres coches colidiron no punto quilométrico 12 da A-55, ao fío das 14:15 horas.

Por mor do impacto, tres persoas necesitaron asistencia médica. Dúas delas, unha muller e un home, foron trasladadas ao Hospital Povisa. Por outra banda, a outra persoa ferida no accidente foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Varios particulares deron conta do choque múltiple ao 112 Galicia e, axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES e do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e do servizo de mantemento da vía de circulación.