Imaxe escoitar Escoitar
venres, 6 Abril, 2018

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión na que se viron implicados tres coches en Sada. Segundo puido saber o 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na N-VI, concretamente no punto quilométrico 582,100, ao fío das 16:20 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través dun particular e do persoal do 061-Urxencias Sanitarias.

A partir de aí, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Betanzos e de Arteixo, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.

facebook twitter instagram