Escoitar
martes, 27 Setembro, 2022

Por fortuna, ninguén resultou ferido, pero os danos foron importantes ao producirse a deflagración e romper o escaparate e a porta de acceso.

A chamada de alerta sobre este suceso chegou ao 112 Galicia pouco despois das once desta mañá. Unha veciña da Rúa Castelao marcou o número único de emerxencias ao percibir un posible incendio nunha tenda da mesma rúa. 

Despois de confirmar que todas as persoas estaban en bo estado de saúde, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vilagarcía e dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias. Así, tras finalizar as tarefas de extinción do lume, comprobaron que, previo ao incendio, houbo unha deflagración mentres soldaban un patinete eléctrico.

Neste operativo, colaboraron tamén as forzas da orde, en concreto, a Policía Local e Nacional.