Imaxe escoitar Escoitar
martes, 19 Outubro, 2021

Salvamento Marítimo rescatou esta tarde a unha persoa que se viu en apuros mentres practicaba windsurf na ría de Vigo, en concreto, nas proximidades da Illa de Toralla.

Foi o propio deportista quen se puxo en contacto co 112 Galicia, ao fío das tres e media da tarde, para informar de que tivera un problema coa táboa e ía á deriva. Malia iso, nesta mesma comunicación, sinalaba que non se atopaba en perigo.

Con estes datos, desde o CIAE-112 Galicia deuse aviso, de inmediato, a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local de Vigo e á Garda Civil.

Finalmente, unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou á persoa, que non precisou asistencia sanitaria, e trasladouna ao Porto de Cangas.

facebook twitter instagram