Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 14 Agosto, 2022

O río e unha embarcación turística serviron para a evacuación dunha persoa que se atopaba, ferida, nunha zona de difícil acceso.

Concretamente, atopábase na fervenza de Augacaída, en Pantón, onde, de ningunha das maneiras, podería acceder un equipo médico a bordo dunha ambulancia.

As lesións provocadas por unha caída, un nocello inchado, impedían a esta persoa camiñar, polo que era necesario buscar unha forma de achegar a ferida á ambulancia. 

Cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta de quen acompañaba a ferida, arredor das 14:30 horas de hoxe, activouse o operativo de rescate, para o que se contou coa colaboración dos Bombeiros de Monforte e dos axentes da Garda Civil.

Así, os bombeiros resolveron utilizar a embarcación turística para levar a ferida ao punto onde agardaba o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia- 061.

 

facebook twitter instagram