Escoitar
mércores, 23 Novembro, 2022

A suba do caudal anegou tamén outras vivendas da zona, pero houbo veciños que decidiron permanecer na parte alta das súas casas ata o cese das chuvias e a recuperación do nivel do Tea.

Sen embargo, unha familia, isto é, unha parella, un cativo e a súa mascota foron rescatados polos bombeiros debido á desesperación que comezaban a experimentar. Desde as 9:30 horas desta mañá, agardaban unhas condicións mellores que parecían demorarse, polo que, contra as 15 horas, solicitaron a axuda dos bombeiros para saír, finalmente, da súa casa.

Efectivamente, a primeiras horas de hoxe, varias chamadas de persoas particulares ao 112 Galicia informaban do debordamento do río Tea, ao paso pola Ponte das Partidas. Segundo explicaron, o caudal invadía xa a estrada e anegaba algunhas vivendas, que tiñan xa a auga á altura das fiestras. 

Con esta información, os xestores do 112 pediron a colaboración dos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, así como dos voluntarios de Protección Civil e dos axentes da Policía Local. Deste xeito, prestaron a axuda aos ocupantes das vivendas afectadas, aínda que moitos decidiron permanecer ata que baixase o caudal. Tamén foi a primeira opción da familia rescatada. Sen embargo, máis tarde pediron axuda.