Imaxe escoitar Escoitar
martes, 2 Febreiro, 2021

Unha gata saíu con vida, aínda que con danos, dun incendio declarado dentro dunha vivenda situada en Barrantes, Ribadumia.

Foi un veciño quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia ao ver como as lapas afectaban ao interior dun piso.

Así, os principais danos producíronse nunha cociña como consecuencia dunha tixola que estaba ao lume. O incendio propagouse pola estancia ata alcanzar os mobles e a campá extractora. 

Salvo o animal, ningunha persoa resultou ferida e os equipos de extinción reduciron o lume ata sufocarse por completo pasadas as seis desta tarde.

Cómpre salientar que eran pouco antes das cinco da tarde cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun veciño, que se decatou do que sucedía neste domicilio. A súa alerta permitiu activar o operativo, no que participaron os Bombeiros de Ribadumia, así como os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil.   

 

facebook twitter instagram