Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 14 Agosto, 2022

Un equipo médico trasladouse ao lugar do accidente a bordo dun helicóptero medicalizado.

Eran preto das seis desta tarde cando varias persoas chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia urxente para unha menor que caeu dunha ponte, a uns catro metros de altura, na área recreativa.

Segundo precisaron, somentes necesitaban asistencia médica, pois o acceso á cativa era viable. Así, os xestores do 112 avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil.

O equipo médico trasladado en helicóptero tomou terra e tras os primeiros coidados evacuou a nena ao Hospital Materno Infantil da Coruña.

facebook twitter instagram