Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 26 Maio, 2022

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a unha menor con lesións de diversa consideración como consecuencia dunha caída de altura.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a afectada precipitouse pola ventá dun primeiro piso no concello coruñés de Ferrol poucos minutos antes das once horas.

Así, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para atender á menor, que, finalmente, foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide.

Ademais, co fin de coñecer as circunstancias que motivaron este suceso, ata o lugar acudiron os axentes da Policía Local e Nacional.

facebook twitter instagram