Escuchar
mércores, 20 Xuño, 2018

Unha muller e unha nena resultaron feridas esta tarde nunha colisión na que se viron implicados dous coches en Outes. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas ao hospital de Santiago.

O accidente tivo lugar na estrada que une Santiago e Muros, no lugar do Freixo, ao fío das 14:55 horas. Nese momento, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil, aos Bombeiros de Boiro e ao servizo de mantemento da estrada.