Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 17 Outubro, 2021

Unha muller perdeu a vida ao mediodía de hoxe en Santa Comba despois de producirse un accidente cunha máquina agrícola no lugar dos Picotos, na parroquia de Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a vítima sofreu un contratempo cun vehículo mesturador, polo que tiveron que intervir os Bombeiros de Santa Comba.

O accidente ocorreu preto da unha da tarde e foi unha persoa particular quen chamou ao 112 para informar dos feitos.

Alí acudiu, ademais, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que soamente puido confirmar o falecemento da muller. Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil.

facebook twitter instagram