Imaxe escoitar Escoitar
venres, 28 Decembro, 2018

Unha persoa resulta ferida tras chocar o coche no que viaxaba contra o muro e o portal dunha vivenda.

O accidente ocorreu ao redor das 22:15 horas da noite pasada, cando o vehículo circulaba á altura da rotonda de San Simón, en Caldas de Reis. Segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia, a ocupante do vehículo podía estar atrapada. Por iso, ata o lugar, desprazaronse os Bombeiros de Vilagarcía, tras ser alertados polo 112 Galicia. Unha vez chegaron ao punto, descartaron o uso do material de excarceración, ao estar a ferida totalmente accesible.

Debido ao impacto, o turismo verteu unha grande cantidade de combustible, polo que os Bombeiros fixeron uso de barreiras de contención e, incluso, utilizaron un colchón de escuma para evitar o risco de incendio. 

Ademais de alertar aos Bombeiros, dende o 112 informouse de inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes de tráfico, da Policía Local, do GES de Valga e dos efectivos de Protección Civil de Caldas de Reis e de Vilagarcía. Asimesmo, persoal de mantemento da estrada tamén foi informado do suceso.

Tres feridos en Mos, entre eles un bebé
Tamén en Mos rexistrouse unha saída de vía na A-55, sentido Porriño. O accidente sucedeu pasados unos minutos das 00:00 horas desta noite e foron os mesmos implicados os que chamaron o 112 Galicia para pedir axuda. No turismo viaxaban tres persoas, entre elas un bebé. Ainda que segundo se lle informou ao 112 Galicia, non parecían revestir gravidade, os tres foron evacuados polo persoal sanitario ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Tras recibir a alerta, os xestores do 112 Galicia, de inmediato, informaron ao 061-Urxencias Sanitarias,  aos axentes de tráfico e da Polícia Local, aos Bombeiros do Porriño, e aos efectivos de Protección Civil de Mos.

facebook twitter instagram