Escoitar
venres, 26 Maio, 2023

Unha muller precisou ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ao declararse un incendio, posiblemente orixinado na cabina bronceadora dun establecemento estético, na cidade da Coruña.

Arestora, os equipos de intervención seguen traballando no punto co fin de extinguir o lume na súa totalidade para poder recuperar as condicións de habitabilidade do edificio afectado.

Os feitos tiveron lugar ás 18:30 horas. Nese momento, varios particulares chamaron ao 112 Galicia para informar de que víase saír fume do interior dun inmoble da Rúa Santiago Rey Fernández-Latorre.

Decontado, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e Nacional e tamén dos membros de Protección Civil.

facebook twitter