Escoitar
martes, 7 Decembro, 2021

Unha muller resultou ferida a pasada noite nun choque no que se viron implicados dous turismos en Narón.

O accidente produciuse no punto quilométrico 4 da DP-5404, ao fío das once e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Narón para liberar á muller ferida, que quedou atrapada no interior dun dos vehículos accidentados. Así, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón fixeron uso do material de excarceración para axudar a saír do vehículo á muller.

Foron varias as persoas particulares que contactaron co 112 Galicia para dar conta desta colisión e, nada máis recibir a alerta, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Narón.