Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 18 Setembro, 2021

Unha muller resultou ferida esta mañá logo de caer por un desnivel duns seis metros a unha zona de difícil acceso nas proximidades da praia de Lavaxeira, no Grove.

O 112 Galicia recibiu a alerta da situación da muller a través dun dos seus familiares ao fío das once menos cuarto.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribadumia, ao Servizo Municipal de Protección Civil do Grove, ao GES de Sanxenxo, á Garda Civil e á Policía Local.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, a muller foi rescatada coa axuda dos membros de Protección Civil do Grove, dos efectivos do GES de Sanxenxo e do equipo de intervención dos Bombeiros de Ribadumia, que a evacuaron nunha padiola ata o lugar onde estaba situada a ambulancia desprazada, na que foi posteriormente trasladada a un centro médico.

facebook twitter instagram