Escoitar
xoves, 30 Marzo, 2023

A ferida e única implicada foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Foi un particular quen, dez minutos antes das 20 horas deste mércores, alertou ao 112 Galicia dunha saída de vía en Camino da Pica Morena, Cabeiro (Redondela). O coche accidentado estaba a fumear, e as persoas que se achegaron nun primeiro momento sacaron á única implicada para poñela a salvo, aínda que finalmente non se produciron lapas.

Decontado, o 112 solicitou a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Mos, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Os membros de Protección Civil apuntaban a potencial gravidade da ferida, que sería trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Camión formigoneira envorcado en Ribeira
Ocorreu minutos antes das 9 horas desta mañá, e o único implicado non requiriu ser trasladado a un centro hospitalario.

O alertador foi un particular que se atopaba no lugar dos feitos: un camión formigoneira acababa de envorcar lateralmente no quilómetro 1 da estrada DP-7301, en Carreira (Ribeira). O vehículo quedara no marxe dereito da estrada e non obstaculizaba a circulación.

Os xestores do 112 Galicia informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, ao Grupo de Emerxencias Municipal, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Ribeira, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento das estradas.

facebook twitter