Alertas activas:

Escoitar
domingo, 10 Decembro, 2023

Ocorreu na estrada que vai de Xinzo de Limia a Vilar de Barrio, a uns 2 quilómetros da autovía, na provincia de Ourense.

Foi ao fío das 09 horas desta mañá cando un particular contactaba co 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para a muller implicada no suceso. Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Ourense ata o punto co fin de brindar atención á ferida. Malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida á muller.

A maiores, desde o 112 Galicia tamén se informou do sucedido aos Bombeiros de Xinzo de Limia, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Xinzo de Limia.

Con todo, as forzas da orde investigan o ocorrido tratando de esclarecer as circunstancias do suceso.

facebook twitter instagram