Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 15 Xullo, 2020

As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso que acabou coa vida dunha muller en Vigo.

As persoas que chamaron ao 112 Galicia aseguraron ver caer a unha muller desde un piso na Rúa Príncipe, pero, de momento, descoñécense as causas.

Ocorreu poco antes da medianoite, cando comezaron a chegar os avisos ao 112 Galicia. A partir de aí, activouse un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Nacional, que tratan de averiguar as circunstancias nas que se produciu a caída.

facebook twitter instagram